Saltar ao contido
Roteiros de Lalín
Ruta II

Sendeiro de Zobra

Percorrido pola parroquia de Zobra, no corazón da Serra do Candán, cunha riqueza natural única ao longo do río Deza.

Distancia
11 km
Duración
4 h
Dificultade
Media
Tipo
Lineal

Sobre o itinerario

Andaina do 22 de novembro de 2015. Dende Zobra baixamos cara a Armadiñas e o río Deza ata Porto Martín, onde se separan as dúas variantes.

A curta continúa por A Mataca, Bresoi, a Ponte dos Medos e Cabana ata A Trigueira; a longa sobe a Ameixedo, Monte Coco, Campo Valín, A Freixa e Vaca Morta antes de volver a Zobra.

Variantes

  • Curta: 11 km, unhas 4 h, dificultade media.
  • Longa: 18 km, unhas 6 h, dificultade alta.

Patrimonio que atoparás

  • Serra do Candán Patrimonio natural · Zobra
  • Ponte dos Medos Pontes · Zobra
Todo o patrimonio
Accesibilidade