Saltar ao contido
Roteiros de Lalín
Ruta I

Roteiro dos Pazos e Ponte Taboada

A ruta inaugural do colectivo: sae de Lalín, percorre os pazos de Bergazos, Bendoiro, Eirixe e Liñares e remata coas vistas de Ponte Taboada.

Distancia
14 km
Duración
4 h
Dificultade
Baixa
Tipo
Lineal

Sobre o itinerario

Primeira andaina de Roteiros de Lalín, celebrada o 25 de outubro de 2015 con máis de 200 participantes.

Dende o Paseo Pontiñas chegamos a Bergazos e collemos o Camiño de Santiago. Pasamos polo Muíño do Escribano, o Castro e Castriño de Bendoiro e o seu pazo, o colexio e a igrexa de Prado, o Pazo de Eirixe e a devesa de Liñares, ata chegar a Ponte Taboada.

Variantes

  • Curta: 14 km, unhas 4 h, dificultade baixa. Remata en Ponte Taboada.
  • Longa: 29 km, unhas 7 h 30 min, dificultade media. Circular, volve a Lalín por Borralla, Vilar do Río, Granxa, Santiso e Espiño.

Patrimonio que atoparás

  • Castro e Castriño de Bendoiro Castros · Bendoiro
  • Cruceiro de Bendoiro Cruceiros · Bendoiro
  • Igrexa de Prado Igrexas e santuarios · Prado
  • Muíño do Escribano Muíños
  • Pazo de Bendoiro Pazos · Bendoiro
  • Pazo de Eirixe Pazos · Prado
  • Ponte Taboada Pontes · Taboada
Todo o patrimonio
Accesibilidade