Saltar ao contido
Roteiros de Lalín
Quen somos

Camiñando xuntos dende 2015

Integramos a conservación do medio ambiente e do noso patrimonio cultural e histórico mediante unha experiencia divertida e en grupo.

Cremos que Lalín ten un enorme potencial en rutas e lugares de interese para quen goza do deporte ao aire libre.

Somos un grupo de voluntariado aberto que xurdiu en setembro de 2015 a partir dunha convocatoria pública do Concello de Lalín, co obxectivo de dinamizar o potencial do noso concello en roteiros de sendeirismo.

Le a nosa historia

Club Roteiros de Lalín

Club deportivo inscrito na Federación Galega de Montañismo. Organiza as andainas e tramita licenzas federativas.

A.C. Viarum Dezae

Asociación cultural centrada na protección dos camiños tradicionais e na difusión do patrimonio. Edita a revista anual.

Os nosos piares

Un proxecto transversal

Paisaxe e patrimonio

A paisaxe é un dos activos máis importantes de Lalín. Percorrer os camiños tradicionais é a mellor forma de dar a coñecer o noso patrimonio monumental, arqueolóxico, etnográfico e natural.

Unha rede permanente

Partimos do traballo de asociacións hípicas, clubs de bicicleta e outras iniciativas para coordinar as achegas e establecer unha rede de roteiros conxunta.

Dinamización local

O proxecto inflúe positivamente en moitos sectores da comarca: turismo, medio ambiente, conservación, cultura, deporte e emprego.

Accesibilidade